

LA CASA
DE LA
TROYA
UNHA NOITE revelada
Un filme que marcou unha época. Un escritor que converteu Galicia nun escenario de cine. E unha historia que agardou cen anos para ser redescuberta. La casa de la Troya. Unha noite revelada é unha invitación a descubrir as imaxes, os lugares e os protagonistas que devolven á luz un dos capítulos máis fascinantes da historia do cinema galego.
La casa de la Troya. Unha noite revelada é un proxecto de investigación, recuperación e divulgación realizado por Estibaliz Santamaría Cadaval @UnhaNoite, con motivo do centenario do filme. Iniciado en 2025, o proxecto percorre diferentes localidades a través de capítulos específicos adaptados a cada territorio, recuperando a memoria dunha película centenaria e da figura do seu autor, Alejandro Pérez Lugín, escritor, xornalista e director de cine. Cen anos despois da estrea de La casa de la Troya (1925), e coincidindo co centenario do pasamento de Pérez Lugín (1926), esta exposición revisita a historia dun creador que converteu Galicia en escenario literario e cinematográfico. A adaptación da súa popular novela non só marcou unha época, senón que tamén cruzou o Atlántico ata chegar ao Carnegie Hall de Nova York, converténdose nun dos primeiros exemplos da proxección internacional do cinema rodado en Galicia. A través de fotografías orixinais da rodaxe, documentos históricos e contidos creados especificamente para cada sede, La casa de la Troya. Unha noite revelada ofrece unha nova mirada sobre unha obra que continúa conectando Galicia co mundo a través do cinema, da literatura, da música, da memoria e do territorio. A experiencia complétase cunha banda sonora orixinal composta por Brais González e interpretada en directo por Caspervek e Troyanos de Compostela, creada especialmente para acompañar o regreso do filme á gran pantalla e devolverlle unha nova vida a través da música.
2026
Bergondo
A Senra
09 OUT 2026
PELÍCULA
+ música de Caspervek & Troyanos de Compostela
BSO de Brais González
18:00 proxección

Unha Noite súmase á iniciativa do Concello de Bergondo de conmemorar ao longo de 2026 o centenario do pasamento de Filomena Dato Muruais e Alejandro Pérez Lugín, dúas figuras fundamentais da cultura galega estreitamente vinculadas ás Mariñas.
1926 I 2026
CENTENARIO
pasamento
A. PÉREZ
LUGÍN
Compostela
Museo Casa de la Troya
3 OUT 2026
Expo VISITA GUIADA
12.00h
Padrón
Fundación P. G. Camilo José Cela
16 XUL 2026 - 25 SET 2026
EXPO
martes - sábados
10.00 a 14.00 h - 16.30 a 20.00h
Visitas guiadas
Xoves 16 xullo - 12 h Inauguración
Sábado 8 agosto - 13 h
Xoves 13 agosto - 13 h
Mércores 19 agosto - 18:30 h
Xoves 24 setembro - 18:30 h
A exposición está construída a partir da colección particular de Estibaliz Santamaría Cadaval, investigadora, ideadora e comisaria do proxecto, froito de anos de investigación e da creación dun arquivo documental especializado en La casa de la Troya, que reúne decenas de pezas orixinais relacionadas coa novela e a súa adaptación cinematográfica: edicións históricas da obra, carteis de cinema, revistas da época, portadas, fotografías, programas de man, entradas, artigos de prensa, discos de 78 rpm e outros documentos que permiten reconstruír a historia, a recepción e a proxección internacional dunha das producións máis internacionais do cinema galego.
O proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, o Museo Casa de la Troya e a Florida International University, así como coa colaboración de entidades, empresas e persoas que continúan sumándose a esta iniciativa. :)
Queres formar parte desta viaxe? :)
UnhaNoite continúa medrando grazas ao apoio de institucións, empresas e persoas comprometidas coa cultura. Se desexas formar parte deste proxecto, será un pracer estudar novas vías de colaboración.